28/11/07

COMECASTAÑAS

Traballos e voces dos pequenos e pequenas de 4º de Infantil (3 anos)

25/11/07

25 de novembro: non á violencia de xénero

Neste día no que se celebra o Día Internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre iso. E un xeito de facelo é a través dos contos, que nos contan historias de cada día, nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá, moitas veces sen nos decatar.
Gustaríanos non ter que celebrar un día coma este.
Gustaríanos que nenos e nenas se relacionasen sen que a diferenza de sexo marcara nada importante.
Gustaríanos que homes e mulleres falaran, falaran e falaran para resolver os seus desencontros, como lles obrigamos a facer na escola aos nenos e ás nenas.
Gustaríanos que cada quen soubese onde rematan os seus dereitos e onde comezan os da persoa que ten á súa beira.
Gustaríanos que ninguén usase a súa forza nin física, nin laboral, nin económica… contra as mulleres para conseguir os seus propósitos.
Gustaríanos que no vindeiro 25 de novembro homes e mulleres atopasen o entendemento e non ter que chorar máis vítimas.
Gustaríanos que os contos se fixesen realidade .




23/11/07

Os libros da biblioteca van de viaxe



O domingo 25 os nenos e nenas de 6º curso do noso colexio, xunto cos nosos veciños do cole de Abelendo, viaxan a Álava para participar nun proxecto de inmersión lingüística no mosteiro de Barría no val de Oñati.

Poderíase dicir que os libros naceron nos mosteiros, xa que antes da imprenta, os mosteiros copiaban e cambiaban entre eles libros de diversos temas.

Así que os libros da nosa biblioteca van facerlle unha visita aos seus parentes que viven no mosteiro dende o século XII.
No CLUB DE LECTURA podedes ver que libros levan alumnos e profesora.

¡Boa viaxe!

21/11/07

Traballando a oralidade

Como xa recordaredes, o curso pasado, para o día das letras galegas, ficemos no cole unha montaxe sobre un libro, coas voces dos alumnos e alumnas de 6º curso.
O traballo gustoulles tanto a todos, que decidimos ir facendo ao longo deste curso distintas montaxes, para que todos poidesen participar.
Este traballo estase a facer entre o equipo de normalización e o equipo de biblioteca.
Por elo, dende agora , iremos subindo os traballos.Como poidestes ver, empezamos polos alumnos e alumnas de Infantil.

A nós gustannos moito ¿e a vós?

20/11/07

Poema da chuva

Debuxos e voces de alumnos e alumnas de 6º de Infantil


11/11/07

O magosto no cole


O xoves celebramos o magosto no cole.

Si queres ver fotos, entra na páxina do colexio DINAMIZA NORMALIZA


Adiviña a que xogamos:


Para que eu baile póñome a capa

porque sin capa non podo bailar

e para que eu baile tíranme a capa

porque con capa no podo bailar.


¿Que é?

Si queres sabelo ,

Bolas, canicas.

Dende estas páxinas fixemos unha pequena "investigación sobre as bolas ou canicas.
Hainas pequenas:

e grandes:



Segundo o diseño, teñen distintos nomes:


espaguetis, escorpións, flamas, piratas,

duendes, rehiletes, perlas, laberintos.,



ágatas, tréboles, arcoiris,



coloríns, dálmatas, diamantes.

Máis información sobre as canicas:
Seminario xogos

06/11/07

Tempo de outono

Outono
ten sono
non pode durmir

ponlle unha mantiña
que se queda axiña
sereo
e
feliz.


¿Gústache este poema de Antón G. Teijeiro?


Entra en poemasparapeques e atoparás máis poemas, adiviñas, trabalinguas e refráns.

¿QUE LEN NA HORA DE LER...OS DE 5º CURSO?



Se queredes sabelo,entrade no CLUB DE LECTURA
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...