¿Quen non se lembra de Pippi Calzaslongas?Aquela serie de televisión basada no libro do mesmo nome, cunha protagonista moi especial, unha nena rubia cunhas trenzas tesas, e chea de pencas.
A autora, Astrid Lindgren, cumpre 100 anos.A historia naceu cando Astrid decidiu contarlle a súa filla Karen a historia deste persoaxe imaxinario.
Os primeiros editores aos que lles levou a historia non quiseron publicala, porque a protagonista lles parecía moi pouco modélica. Ata que gañou un concurso, e atopou editor.
A nós encantanos o persoaxe. Tedes o libro na biblioteca. Non vos perdades o capítulo en que vai por vez primeira a escola. ¡e xenial!
Este curso que comenza imos seguir cos cambios na biblioteca. Seguimos transformando os espacios para facela mais agradable. Temos novas estanterías e un expositor para as novidades que iremos poñendo na biblioteca nestas primeiras semanas. Como vedes ¡non paramos de mover mobles!
Tamén temos que informarvos que seguimos no
Plan de melloras das bibliotecas escolares de Galicia, o que nos permitirá seguir tendo unha importante dotación económica para levar a cabo os nosos proxectos relacionados co cine e o mundo da imaxe...¡Xa vos iremos contando!
Os nenos e nenas de terceiro no seu primeiro día na biblioteca:
A Juan gústanlle os libros de animais. Rodrigo prefire as bandas diseñadas.
Algunhas rapazas divírtense cos libros en 3D.Outras prefiren un rincón tranquilo para ler.
¿Que estará lendo Noa tan concentrada?Irene e Sabela parecen divertirse moito.
O mércores, dia 12 de setembro, as nove da mañá empezamos as clases.Este curso o horario será completo dende o primeiro día, esto quere decir que sairemos as dúas tamén en setembro.
¡Nos vemos!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas