19/08/07

Bernardino Graña

A asociación cultural "A Cepa" de Cangas, está a preparar unha homenaxe ao escritor e poeta Bernardino Graña no seu 75 aniversario.
Bernardino naceu en Cangas, pero é moi querido por nós porque vive en Moaña dende hai moitos anos.


No noso colexio temos adaptado algunhas das súas obras para o teatro:
"Rata linda de Compostela", que é unha versíon da Ratiña linda, representouse por primeira vez no noso cole hai xa uns 10 anos e tivemos a sorte de poder representala para o propio escritor.
Este curso representaronna de novo os alumnos de 1º no festival das letras galegas do colexio.
"O león e o paxaro rebelde " tamén o levamos ao escenario un par de veces.
¡FELIZ ANIVERSARIO BERNARDINO!

07/08/07

Como debuxar...

Si queres debuxar a Homer Simpson, aquí tes a maneira:

04/08/07

E agora...cine!

Non podemos deixar de recordarvos que está nos cines "Los Simpson. La película".
Como sabemos que moitos de vos sodes uns fans da serie, aquí tedes un par de "agasallos":

A páxina oficial dos Simpson con xogos para vós. Ao entrar davos a opción de escoller idioma, abaixo:
"http://www.simpsonsmovie.com/


E aquí tedes un trailer da película:

01/08/07

O último de Harry Potter

Acaba de publicarse o último libro da saga de Harry Potter en inglés,"Harry Potter and the deathy hallows", con moita publicidade. Aquí está prevista a súa publicación a finais de ano, co título "Harry Potter. Las Reliquias de la muerte".


¡FELIZ LECTURA!
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...