29/07/07

Para levar á praia



Mentras os vosos fillos e fillas xogan na praia, podedes adicarlle un pouco de tempo a lectura, ¡pero sin perdelos de vista!

Queremos recomendarvos un par de libros moi apropiados para meter na bolsa da praia.

Os dous teñen en común o xénero, pois son libros de intriga, moi apropiados para esta época. Ademais presentan atractivos adicionais:
A primeira recomendación é obra dun escritor de Moaña.
A segunda recomendación é, neste momento, o libro máis vendido de ficción en galego.
¿Estades suficentemente intrigados?Premede entón no CLUB DE LECTURA para saber a que libros nos referimos.

25/07/07

Biblos ,clube de lectores


Gústanos a portada de Biblos clube de lectores do mes de xullo-agosto. ¿Casualidade, ou xa sabían que íamos ter este tempo?

Neste número trae propostas para todas as idades:
Interesante a colección "As letras das mulleres", con obras de Mary Wollstonecraft, Virginia Woolf, e outras. Nos quedamos con "Orgullo e prexuizo" de Jane Austin.


Para os máis pequenos están os Bolechas, en versión "acuática" (Braulio na piscina, Sonia na lancha, Chispa na tina, Carlos na praia, etc...) ,
ou "os Pelelliños", divertidos persoaxes de Anxo Fariña:


"O crocodilo namorado" que conta a preciosa historia dun crocodilo namorado dunha xirafa, que non repara nel,... non vos contamos o final, pero vaivos gustar moito.

Para os maiorciños,"Fedorenta e a vinganza dos trasnos" resulta moi divertida.
Os e as amantes do medo de verdade, podedes disfrutar coa lectura de "O escaravello de ouro e outros contos" de Edgar Alan Poe.

¡FELIZ LECTURA!

24/07/07

Busca nos biblioblogs galegos

Neste momento hai na rede 64 sitios entre blogs e páxinas das bibliotecas escolares galegas,¡todo un éxito!
Podes buscar en calqueira deles na caixa que hai no panel da dereita.Gracias a Antonio de A Nosa Biblioteca 3.7

21/07/07

Libros con premio

O IBBY ( Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil) elexiu dúas obras da editorial galega Kalandraka na súa lista de honor, que recoñece as mellores publicacións do mundo.

Na categoría de autor foi seleccionado o libro "Pucho, o habitador de tellados" de Manuel Janeiro , e na traducción a obra seleccionada é "29 historias disparatadas" traducida ao galego por Susana Fernández.

"Pucho, o habitador de tellados" xa gañara o terceiro premio nacional de edición 2007 na categoría infantil, otorgado polo Ministerio de Cultura.


Dende estas páxinas queremos felicitar a editorial, que dende a súa aparición no mercado non deixa de levar premios e poñer a Galicia e os autores galegos en primeira fila.


No noso catálogo atoparás moitas destas obras.Se queres saber algo máis dos libros premiados no deixes de entrar no CLUB DE LECTURA


09/07/07

Bibliopraia de Moaña


Dende hai uns días está funcionando, como nos veráns anteriores, a bibliopraia da praia da Xunqueira. Queremos recordarvos que para facervos socios somentes precisade cubrir unha ficha.Neste momento hai arredor de 300 socios e socias.
Teñen moita variedade de libros, coa posibilidade de lelos alí mesmo ou na praia. Tamén teñen prensa diaria para os maiores.
Polas tardes organizan xogos e actividades relacionadas coa lectura. ¡Non deixedes de pasar por ali!

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...