23/05/07

¡QUE MEDO!

Era unha noite escura, chuviosa, e tronaba moito.Estaba a punto de meterme na cama cando....
Se queres saber como sigue, entra no club de escritura (aquí a esquerda) ou preme en :
http://www.osnososcontos.blogspot.com
Xa sabedes que estamos publicando os nosos contos de medo.

CALQUEIRA SITIO É BÓ PARA LER


Atopamos a algunhas alumnas no recreo alonxadas do ruido lendo a Laura Gallego.¡Chissssss,non as molestedes..........!!!!

22/05/07

OS NOSOS CONTACONTOS FAVORITOS






Estos días alguns alumnos e alumnas de 6º curso andan a facer de contacontos para os mais pequenos do colexio. Eles e elas son os nosos contacontos favoritos, e tamén os dos pequenos.

18/05/07

¿QUE LIBRO ESTAS LENDO...?

"Ler é un acto voluntario,autónomo,solitario,lento ,... (Víctor Moreno)
A Lois non queremos molestalo...

Estos días estamos a facer esta pregunta ¿Que libro estás lendo..? a xente que nos rodea, profes e alumnos, e algunhas persoas máis.Aquí tes algúns dos libros que están lendo:



Pero si queres saber quen os está lendo, busca co CLUB DE LECTURA na dereita da páxina, ou aquí abaixo:
http://colexio.blogspot.com

14/05/07

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2007

O equipo de Normalización Lingüística preparou para esta semana as seguintes actividades no cole:
-Unidades didácticas sobre María Mariño para todos os ciclos.
-Exposición de poemas e debuxos que recrean escenas da vida de María Mariño ou da súa obra.
-Sesión de cine en galego para todos os niveis (O bosque animado, o puding máxico,..)


-Reparto de autoadesivos co deseño gañador, baixo o lema:"En galego falo, canto,choro,penso..." feito por Sofía de 6º de Primaria.
-Proxección do audiovisual "Imaxina que un día"-Xogos e pasatempos do "seminariogalan", a través do blog da biblioteca.
-Reparto do libro de poemas feitos polos nosos alumnos e alumnas.
¡Unha semana moi completa!

12/05/07

Poema de María Mariño.Canta Uxía Senlle

Pulsa en play para
escoitalo

11/05/07

IMAXINA QUE UN DÍA...



ILUSTRACIÓNS:ROB GONSALVES
TEXTO:SARAH L. THOMSON
VOCES:ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º CURS

05/05/07

LETRAS GALEGAS 2007


Como xa sabedes, o 17 de Maio é o Día das Letras Galegas. Cada ano adícase a un escritor.Este ano a escritora elexida é a poetisa :
María Mariño Carou
María Mariño naceu en Noia o 8 de xuño de 1907, e morreu no Courel o 18 de maio de 1967.
Mira ún dos seus poemas:
Os seráns nas Rias Baixas
ollan coa luz de aurora,
ca súa mirada queda,
silencio daquela hora…
Se queres saber mais, na seguinte páxina atoparás xogos e pasatempos divertidos.¡Proba!:
http://www.seminariogalan.org

04/05/07

HISTORIA DA MASCOTA

Xa temos a historia da nosa mascota.Está a dereita, onde pon HISTORIA DA MASCOTA, pero tamén podedes vela pulsando aquì:
http://bibliotecadocole.googlepages.com/historiadamascota
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria tal vez recorden os debuxos que fixemos para escollela.
¡Mirade como era Paco orixinalmente!



O debuxo fixerano Alba, que agora anda no Instituto. ¡Ola Alba!
Se vos fixades Paco tiña un libro na man dereita.
¿Qué libro escolleríades vos para levar na man?

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...