15/12/25

Obradoiro de Nadal

 A semana pasada, tivemos obradoiro de manualidades navideñas para decorar o cole e tamén para levar a casa.

Fixémolo nas horas do recreo e as propostas foron: unha estrela, un círculo con cintas, un boneco de neve ou un reno para deixar decorando os corredores do cole e logo, un marcapáxinas para levar a casa.

O cole quedou fermoso!

14/12/25

DÍA DA CIENCIA EN 4ºP

Despois de moitos nervios, chegou o gran día.
 Aquí vos deixamos os vídeos dos experimentos. 
Tivemos experimentos moi variados e agardamos que vos gusten.
As nenas e nenos pasárono moi ben!

12/12/25

As familias contan en 3º de primaria

Sonia, a mamá de Asier, viu contar tres contos á nosa clase: La casa de la abuela, Feroz o lobo e ¡De aquí no pasa nadie!

Gustáronnos moito!

Moitas grazas por compartir estos contos con nós.






11/12/25

CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS

 O vindeiro luns celebraremos a primeira xuntanza do Club de Lectura de Familias, co libro "El secreto de la perfección" de Lola Fernández Pazos.



10/12/25

O Nadal na biblioteca

 Non vos perdades a selección de contos navideños que temos na biblioteca. Pasade e ollade!





08/12/25

CONTAMOS NÓS: NAIRA

Esta semana tocoulle o turno a Naira na actividade Os martes contamos nós. Contounos o conto de "A que sabe a lúa", un clásico dentro dos conto infantís. 
Noraboa Naira!!!


INVITACIÓNS POLO DÍA DA CIENCIA

Esta mañá estivemos elaborando as invitacións para o Día da ciencia. Quedáronnos moi ben!

 

03/12/25

3 de decembro. Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

 No cole, traballamos o Día da Diversidade. O departamento de orientación preparou unha exposición que amosa a realidade para unha persoa con discapacidade cando escoita frases que consideramos "normais" dicir.

Nos cursos de infantil e algúns de primaria, prepararon unha ficha na que cada persoa escribía sobre os seus gustos e logo fixeron un intercambio de puntos de vista sobre o diferentes e diversos que somos.

O que nos quedou claro é que non hai dúas persoas iguais, todos somos diferentes e non por iso somos mellores nin peores.








02/12/25

Novidades

 Esta semana, os novos libros son…



30/11/25

OS NOSOS CHAVEIROS DA IMPRESORA 3D


   Aquí está o producto final, despois de deseñar en papel e na pantalla dixital imprimimos os nosos chaveiros na impresora 3D.

 



 

CONTAMOS NÓS: LUCAS

Seguimos disfrutando da actividade Os martes contamos nós en 6º de Infantil. Esta semana tocoulle o turno a Lucas que nos recitou un fermoso poema de Antonio Noriega.


29/11/25

CHARLA DE "COMUNIDADES EN LIÑA"

O mércores 5 de novembro e o martes 18, as alumnas e alumnos de 6º de primaria recibiron unha formación sobre "Comunidades en liña". Unha actividade impartida por ÉRGUETE onde nos explicaron os diferentes tipos de acoso que podemos ter na rede, a dependencia que crea o mal uso da tecnoloxía e a privacidade e coidado que temos que ter coas redes sociais. Interesante!!

26/11/25

Novidades!

 Esta semana, as novidades que temos na biblio son:




PREPARANDO OS EXPERIMENTOS EN 4ºP

Seguimos preparando en 4º o Día da Ciencia. 
Consultamos libros e buscamos información para seleccionar os experimentos que máis nos gustan.

 

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...