31/10/17

Os oficios e a galipedia

Hoxe os nenos e nenas de quinto curso entrevistamos a Delio Fernández. Levábamos varios días preparando a entrevista, e tiñamos moita ilusión. Encantounos velo chegar na bicicleta, recibímolo cun gran aplauso. Os nosos compañeiros de sexto curso quixeron estar presentes, tiñan moitas gañas de coñecelo!
Esperamos volver a velo pronto polo cole!

Proxecto Traballa que traballa: ciclista.

28/10/17

Aprender a investigar: códigos QR

Na clase de 4º temos unha  materia chamada: Aprender a investigar.
Nunha desas sesións saímos ao patio e buscamos as árbores e arbustos que teñen códigos QR e organizamos a información nunha táboa.
Resultou un traballo moi interesante!






27/10/17

Proxecto Traballa que traballa

Este curso desde a biblioteca escolar promovemos o proxecto interdisciplinar sobre os oficios. Trataremos de investigar nos diferentes cursos sobre as características e curiosidades das ocupacións profesionais das familias relacionadas co cole; tamén doutros oficios que nos queden máis lonxe no tempo e no espazo. Xa están chegando as cartas da mascota coas súas inquedanzas de saber.

24/10/17

Día das bibliotecas escolares


No Día das Bibliotecas Escolares, o alumnado de 6º aproveitou para recordar a organización da biblioteca escolar.


Ademáis de tomar conciencia da importancia de colaborar no mantemento dos libros e de colocalos no seu lugar, tamén recordamos que é a CDU e cómo aprender a interpretala.










04/10/17

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2017

Desde o colexio de Quintela queremos felicitar a un dos nosos poetas preferidos, Antonio García Teijeiro,que acaba de ser galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu  libro Poemar o mar, unha fermosa colección de poemas cheos de sonoridade, ritmo, música, delicadeza...e, por suposto, mar.
















Ten só tres letras
o mar
mais se lle damos
un bico,
medra,
sorrí
e aparece
o verbo  amar.


( Antonio García Teijeiro )









02/10/17

O primeiro préstamo das tartarugas

Os nenos e nenas de 4º de Infantil estiveron por primeira vez facendo o préstamo do conto na biblioteca de paco. que os recibiu moi contento. Para rematar a sesión as mestras desenvolveron unha sesión de animación á lectura co conto "A toupiña", da editorial Kalandraka:





Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...