Hoxe os nenos e nenas de 1º fixeron ao patio na hora de ler.
Que maravilla velos disfrutar da lectura e do bo tempo! Haberá que facelo mais veces!
30/03/12
23/03/12
Queridas familias
Acércase o mes do libro no que queremos que as familias participen en actividades de animación á lectura
.Queremos pedir a vosa colaboración para participar como contacontos ou para desenvolver outras actividades que se vos ocorran arredor do libro e a lectura.
Precisamos a colaboración de pais, nais, avós, irmáns,…para participar e aportar ideas.
As actividades serán en horario escolar.
Animádevos e poñédevos en contacto co equipo de biblioteca antes das vacacións de Semana Santa.
Grazas pola vosa colaboración
O equipo de biblioteca
.Queremos pedir a vosa colaboración para participar como contacontos ou para desenvolver outras actividades que se vos ocorran arredor do libro e a lectura.Precisamos a colaboración de pais, nais, avós, irmáns,…para participar e aportar ideas.
As actividades serán en horario escolar.
Animádevos e poñédevos en contacto co equipo de biblioteca antes das vacacións de Semana Santa.
Grazas pola vosa colaboración
O equipo de biblioteca
22/03/12
Un poema e unha flor
No día da poesía, un poema e unha flor para todos e todas (alumnado, profesorado, persoal de comedor e limpeza,..)
Descarga AQUI o poema que seleccionamos para Infantil
AQUÍ o poema de 1º Ciclo
AQUÍ o poema de 2º Ciclo
AQUÍ o poema de 3º Ciclo
Descarga o noso obradoiro de poesía AQUI
E AQUI como ler poesía a nenos e nenas

20/03/12
Unha pouca de maxia na biblioteca
Hoxe tivemos na biblioteca a Manuel Solla, que nos ensinou a maxia dos contos...Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º disfrutaron moito.
18/03/12
Quérote porque me fas o Colacao
Este ano a convocatoria de cartas de amor do alumnado contou con moita participación.
Por elo, no equipo de biblioteca decidimos dar un premio por curso.
Aquí deixamos unha mostra das cartas que cubren paredes e corredores do cole, xa que os expositores están ocupados polas cartas de amor das familias, (62 cartas das familias!!!)
Abaixo tedes os enlaces a algunas das cartas premiadas.
Lembramosvos que este ano o tema para o alumnado era: carta de amor aos avós e avoas.
Reproducimos aquí a carta gañadora de 1º curso, que nos gustou pola súa inocencia,...
CARTA GAÑADORA DE 6º CURSO
CARTA GAÑADORA DE 4º CURSO
CARTA GAÑADORA DE 3º CURSO

Quérote porque me fas o “colacao”.
Querido avó:
Quérote porque xogas conmigo.
Rubén 1º curso
CARTA GAÑADORA DE 6º CURSO
CARTA GAÑADORA DE 4º CURSO
CARTA GAÑADORA DE 3º CURSO
14/03/12
Xuntanza do club de lectura de 6º
Hoxe mércores, 14 de marzo, fixemos a xuntanza do club de lectura "Os comilóns de libros".Lemos "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar", de Luis Sepúlveda.
É un libro precioso, cun principio algo triste e un final esperanzador, que nos axuda a pensar no medio ambiente e o seu coidado e a respectar a todo o mundo por igual, a pesar das diferenzas.
Se queredes, dámosvos unha pista do próximo libro que imos ler:
é a 4ª parte dunha historia que xa lemos o curso pasado, megadivertida...
11/03/12
Tarefas para a semana da prensa
Esta é a semana da prensa na escola.
Dende o Ceip Mestres Goldar, chéganos esta páxina de recursos e actividades
Ademais temos un pequeno traballo de investigación para vos.
Premede AQUI para descargalo.
Trátase de varias tarefas para facer en grupo, extraidas do caderno de traballo sobre a semana da prensa do CEIP Mestres Goldar de Vigo.

09/03/12
A biblioteca escolar do CEIP Quintela
Este é o vídeo que presentamos no acto celebrado na Biblioteca Nacional en Madrid cando recibimos o premio de Boas prácticas na biblioteca escolar:
08/03/12
Dia da muller traballadora
O Día 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da muller traballadora vede nesta presentación a información:
8 de Marzo
Aprende con estes xogos, que nos chegan dende o CEIP de Aguiño:
View more presentations or Upload your own.
:
:
05/03/12
Os contos do mes en primeiro
Dende que empezou o curso, os nenos e nenas de primeiro (tamén en 6º de Infantil) escollen o conto favorito de cada mes entre os que lle conta a profesora.
Despois de unha reñida votación, saiu elixido conto do mes de febreiro "Stelaluna" de Jannell Cannon de Editorial Juventud.
A novidade é que este conto contoullo Lorena aos seus compañeiros na hora de biblioteca.
O conto finalista foi:
Despois de unha reñida votación, saiu elixido conto do mes de febreiro "Stelaluna" de Jannell Cannon de Editorial Juventud.
A novidade é que este conto contoullo Lorena aos seus compañeiros na hora de biblioteca.
Os seus motivos para escollelo:
- Porque era bonito ver como se encontraba coa sua mamá.
- Porque lle ensinounaos paxariños a colgarse boca abaixo.
- Porque cando Stelaluna se colgaba da árbore cos dedos estaba moi simpático.
- Porque era precioso e gracioso.
Roberto Aliaga & Helga
Bansch. de OQO Editora
Estes son os
argumentos dos nenos e nenas:
- Porque me gustan os soños dos animais.
- Porque os debuxos eran moi bonitos.
- Porque ao final o soño era soñar.
CLICA NA IMAXE PARA ESCOITAR O CONTO DO OSIÑO
(LIM de Tatiana Rivero)
02/03/12
Cartas de amor das familias
Este ano a convocatoria de cartas das familias é un éxito.
A proposta era escribir unha carta de amor aos fillos/as. Estamos recibindo cartas fermosisimas,cheas de sentimento.
Dificil lelas, sin que as bágoas asomen aos ollos:
Grazas familias, pola participacion, e polos sentimentos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas