29/09/11

Contacontos na biblioteca municipal




DE TIN MARÍN
        Contacontos
             Por
     Soledad Felloza
VENRES 30 DE SETEMBRO
ás 18:00 horas
na Biblioteca Municipal de Moaña
PARA NENOS/AS DE 4 A 10 ANOS  

27/09/11

Aprendendo a usar a biblioteca

No CEIP  de Pedrouzos teñen un xogo interactivo moi interesante para repasar os usos da biblioteca. Para todos os nenos e nenas do 2º  e 3º ciclo. Debedes ter en conta que na nosa biblioteca, os primeiros lectores teñen a etiqueta azul, e non amarela.

.
Clica na imaxe para xogar.

21/09/11

Preparando a biblioteca

Este curso imos moi despacio na preparación da biblioteca.
As profesoras do equipo de biblioteca non temos tempo! Menos mal que temos axuda:
As nais do equipo de biblioteca están recollendo as bolsas do préstamo de verán.
Tamén o alumnado axuda. O pasado venres tivemos a xuntanza co alumnado voluntario para axudar na biblioteca escolar neste curso. Son 20 nenos e nenas que nos recreos van traballar en grupos de catro para organizar a biblioteca.
Pronto teremos lista a biblioteca.


13/09/11

Despedida

Comezamos o curso con tristeza.
Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.
Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto!  Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.
Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.
Cristina Novoa
Pilar Sampedro
Asesoría Bibliotecas Escolares
posanollocurtiscambre 
jdoloresj
 teisolgamuxiavictorsaenztaragonacatoiraquintelatrafgegandoImaxe das ligazóns: Rapaza lendo. Gustav Adolf Hennig   

12/09/11

O vento vainos levando

Para María Dolores, mestra do IES Luis Seoane de Pontevedra, compañeira de proxectos e ilusións, que nos deixou,... O VENTO vainos levando, O vento que sempre bufa, Que di palabras extrañas, Que enfeitiza como bruxa. O vento aliado do mar, O mar que espera coas furnas, Coa boca aberta, fatídico, Moloch terrible de gula. Mais -vento, mar- todos chiamos E ouveamos baixo a lúa, E a lúa só é candil A nos poner en penumbras. Mais –vento, mar- , coma tolos, Todos brincamos na furia E todos nos esvaímos Rompéndonos en escuma. Poema do home que quixo vivir. Bernardino Graña

10/09/11

Aquí estamos

Ola a todos e todas! Aquí estamos de novo, coa ilusión de un novo curso, cheo de novidades. Ao longo da semana que ven iremos recollendo os libros do préstamo de verán, e organizando as bibliotecas de aula. O luns vémonos na biblioteca do cole!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas