28/05/11

Aqui traballamos todos e todas

Vos preguntaredes que andamos a facer na biblioteca do cole. Aquí trabállase ata o último día. Mirande senón:

  • A semana pasada andivemos a preparar o festival das Letras Galegas. No noso cole sempre xira arredor do teatro. E moitas das obras son adaptacións de contos.
  • En sexto escenificaron unha adaptación en dous actos do conto "O principe e os esmoleiro" de Mark Twain. Fixeronno xenial. Non vos perdades as súas anécdotas no blog do terceiro ciclo AQUI, si queredes pasar unhas risas.
  • En Infantil representaron  adaptacións de "A princesa do Caurel" AQUÍ, e "O globo vermello".AQUI
  • Os nenos e nenas de 2º representaron o conto " Nubiña pascual".
  • En cuarto curso fixeron unha adaptación de "O espantallo amigo" de X. Neira Vilas.Mirade no blog do segundo ciclo.AQUÍ

  •  O mércores pasado fomos a visitar aos nosos amigos do CEP Brea Segade de Taragoña. Como eles están a traballar o proxecto "A pintura" , nós quixemos axudarlles, e cada curso traballou este mes de maio un pintor galego: Maruxa Mallo, Laxeiro, Rosalía Dans, Castelao,Fixémoslle uns debuxos para levarlles, pero tamén preparamos biografías deles para facer presentacións dixitais.
 Si queredes ver as presentacións que lles estamos facendo para agasallalos, mirade no blog
    AQUÍ VIVIMOS, que é onde as estamos subindo todas.

    Por outra banda, o equipo de apoio de nais traballou os venres na biblioteca fichando todos os libros de préstamo temporal, (préstamos de libros que fan as familias para incrementar a súa colección sen engadir gastos a nosa biblioteca) que son moitos, e xa remataron!!! Están tamén habilitando un recanto de lectura para as familias que esperan o remate das actividades pola tarde.

    O vindeiro martes teremos na biblioteca do cole, a partir das catro da tarde, dous "pases" para as familias, dunha montaxe cos vídeos da entrega de premios "Boas prácticas na biblioteca escolar" en Madrid.

    Ademais estamos preparando a próxima cita do club de lectura da nais, as guías de lectura para o verán, os préstamos de verán, ... Aquí traballamos todos!.

    25/05/11

    Conta que che conto: A princesa do Caurel




    O festival das letras galegas tivo este ano tres funcións: Unha para nós, o luns pola mañá, e dúas para as familias, nas tardes do luns e do martes. Un festival de teatro e contos. Todos traballamos moito!!
    Velaí os nenos e nenas de 5º de infantil contando o conto "A princesa do Caurel"

    24/05/11

    Imos de viaxe

    Mañá mércores,  os nenos e nenas de 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria, imos de viaxe a Taragoña. Volveremos a pasar un día enteiro cos nosos amigos e amigas do CEP Brea Segade.
    Estamos desexando ir! Eles levan todo o curso traballando a pintura, dentro do seu proxecto de bibiblioteca. Nós levámoslle de agasallo os  traballos sobre os pintores e pintoras galegas que fixemos en cada curso.
    Dentro de uns días os recibiremos nós en Moaña.
    Ata a volta!

    17/05/11

    Educación documental e Letras galegas

    Para os nenos e nenas do 2º e 3ºciclo, tedes AQUI unha ficha para cubrir sobre Lois Pereiro.
    Xa sabedes que para cubrilo, tedes toda a información necesaria no blog Dinamiza Normaliza, ou no menú lateral dos blogs  de ciclo.
    Unha vez cuberto, entregao ao teu titor/a, e recibirás un agasallo.

    As nosas fotos

    09/05/11

    Viaxamos a Madríd

    Mañá  mércores 11 de maio vaise celebrar na Biblioteca Nacional, en Madrid a entrega de premios de "Boas prácticas na innovación e dinamización da biblioteca escolar"

    O noso colexio estará alí para recibir o seu premio, representado polo director, a coordinadora de biblioteca, e a coordinadora de Normalización.
    Nos acompaña ademais Iván Costa Blanco, antiguo alumno do colexio e protagonista da primeira entrada na galipedia realizada polo noso alumnado, ademais de dous nenos da clase de cuarto (Noa e Óscar) que contarán o conto "A cebra Camila" coa técnica do Kamishibai. Veremos tamén un vídeo que mostra as distintas actividades que realizamos na nosa biblioteca escolar.

    Recompilación de actividades

    A Coordinadora Galega de ENDL achéganos unha recompilación de actividades para todos os ciclos arredor da figura de Lois Pereiro, poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
    As actividades son autoría dos equipos de Dinamización da Lingua Galega ou de Biblioteca de moitos centros.
    Quédavos AQUI o enlace, ademáis do que hai no menú lateral deste blog.

    08/05/11

    Almas grises

    O libro de Philippe Claudel "Almas grises" foi o que comentamos na xuntanza de abril do club de lectura de nais. Un  libro que gustou moito, que deu lugar a interpretacións da historia.
    A próxima cita será no mes de maio

    02/05/11

    Os nosos contos favoritos




    No mes de abril, cada curso foi escollendo e debuxando os seus contos favoritos. Aqui vos deixamos algúns deles.

    Os mais "leóns" do cole

     O venres, os nenos e nenas que máis len de cada curso recibiron un diploma do ratiño "Paco". Aqui os tedes!!!
    Ademais, a totalidade do alumnado recibiu un agasallo de Paco: unha bolsa-mochila.Mirade que chulas!!
    Blog Widget by LinkWithin
    As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
    var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...