Dende que comezou o mes de abril, o ratiño Paco, a nosa mascota, recíbenos na entrada do colexio.
28/04/11
Club de lectura para as familias
Mañá venres, as 8,30 na biblioteca do cole, teremos nova xuntanza do club de lectura para nais e pais.
O libro: Almas grises, de Philippe Claudel.
O libro: Almas grises, de Philippe Claudel.
27/04/11
Os de Infantil tamén contamos contos
Os leons e leoas, de 5º de Infantil, contáronlle un conto aos golfiños, de 6º de Infantil: O GLOBO VERMELLO. E fixeronno moi ben!
Etiquetas:
Abril mes do libro,
Conta que che conto,
Curso 2010-2011,
Lectura,
Vídeo
Club de lectura de sexto
O club de lectura de sexto reuníuse na biblioteca escolar, para falra sobre "Matilda". Tratase dun libro con grande éxito, que gustou a todos.Os protagonistas teñen a súa opinión no blog do CLUB DE LECTURA DE QUINTELA.
Etiquetas:
club de lectura,
Curso 2010-2011
23/04/11
Un libro é...
Unha illa de luz na xema dos dedos
Unha porta sempre entreaberta
Unha duna cara o vento
Unha nube sobre a herba
Unha casa encantada
Unha laranxa do paraíso
Unha carapucha vermella
Unha bufanda colorada
A fenda do espello
A lúa na boca
A voz e o silencio.
Carlos Negro
Este é parte do texto co que o poeta Carlos Negro agasallou as
bibliotecas escolares de Galicia para celebrar o Día Mundial de Galicia
Este é parte do texto co que o poeta Carlos Negro agasallou as
bibliotecas escolares de Galicia para celebrar o Día Mundial de Galicia
FELIZ DÍA DO LIBRO!
Etiquetas:
Abril mes do libro,
Curso 2010-2011
19/04/11
Debuxamos a Violeta
Mirade as ilustracións que fixeron os nenos e nenas de 4º de "Violeta non é Violeta" para agasallar a Xosé Neira Cruz:
Cantos libros! Eu quero...todos.
Por terceiro ano as librerías de Moaña colaboran coa nosa biblioteca escolar, prestando fondos para unha exposición na que os nenos e nenas anotaron os libros que máis lles gustaron.
Etiquetas:
Abril mes do libro,
Curso 2010-2011,
Exposición
Iago López para 1º ciclo
Os nenos e nenas do 1º ciclo disfrutaron cos contos que lles contou Iago López na biblioteca do cole.
Etiquetas:
Abril mes do libro,
Contacontos,
Curso 2010-2011
10/04/11
Encontros do Plan de Mellora
O pasado venres asistimos aos Encontros de Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares.
Comenzaron coa interesantísima exposición de Teresa Maña e Mónica Baró sobre""Avaliar para avanzar. Prácticas de autoavaliación na biblioteca escolar"
Despois baixo o título de "Literatura en imaxes" houbo sesión simultáneas sobre experiencias con cine ou banda deseñada nas bibliotecas.Nesta sesión poidemos escoitar a experiencia dos compeñeiros/as e "veciños" do IES Monte Carrasco de Cangas.
Os materiais sobre as distintas exposicións pódense atopar AQUI.Entrade como convidado. Tamén están os vídeos das conferencias.
Comenzaron coa interesantísima exposición de Teresa Maña e Mónica Baró sobre""Avaliar para avanzar. Prácticas de autoavaliación na biblioteca escolar"
Pola tarde xuntámonos por zonas, e poidemos constatar que a zona de Vigo é a máis numerosa.
O momento máis emotivo chegou ao final, da man de Xosé Neira Vilas, que fixo unha brillantísima e emotiva exposición sobre literatura e nenos.
Os materiais sobre as distintas exposicións pódense atopar AQUI.Entrade como convidado. Tamén están os vídeos das conferencias. Si queres saber máis sobre o tema:
Noutros blogs de bibliotecas:
07/04/11
Encontros Plambe
Mañá venres 8 de Abril terá lugar no Pazo de Congresos de Santiago o Encontro dos centros de ensino integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia, do que formamos parte dende o curso 2007/2008.
Será unha xornada de formación e intercambio entre os distintos coordinadores de Galicia.
Pódense seguir as sesións plenarias en directo a través da páxina da Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia.
Será unha xornada de formación e intercambio entre os distintos coordinadores de Galicia.
Pódense seguir as sesións plenarias en directo a través da páxina da Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia.
Aprendices de ilustradores e ilustradoras
Seguindo coas actividades programadas no cole de Quintela para Abril, mes dos libros, os nenos e nenas de 3º ciclo recibiron a Abraham Carreiro, e poideron disfrutar dunha sesión onde aprenderon a facer ilustracións para banda deseñada.
Abraham Carreiro ten publicados entre outros "Os barbanzóns", "Contos que len outros nenos do mundo" e "A fortuna de Bartolomeu". Preme AQUÍ para ver algúns dos seus libros na nosa biblioteca.
06/04/11
Que contacontos tan especiais!
Os alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES A Paralaia estiveron con nós onte. A acertada selección de contos e a escenificación garantiron a atención dos pequenos do cole
Esta actividade é posible grazas a colaboración dos equipos de Normalización de ambos centros:
Esta actividade é posible grazas a colaboración dos equipos de Normalización de ambos centros:
En abril recibimos carta do ratiño Paco
Os nenos e nenas do cole recibiron hoxe carta do Ratiño Paco:
PODEDES ENSINARMO?
ESPERO OS VOSOS DEBUXOS!
A MIN GUSTARÍAME SABER CAL É O VOSO PERSONAXE DE CONTOS FAVORITO,
ESPERO OS VOSOS DEBUXOS!
Etiquetas:
Abril mes do libro,
Carta,
Curso 2010-2011,
Ratiño Paco
04/04/11
En abril as familias colaboran
DOS LIBROS QUE LICHES, CAL É O TEU PERSONAXE FAVORITO? EXPLICA UN POUCO A TÚA ELECCIÓN.
01/04/11
Neira Cruz, Violeta e Rosa
| Pillada lendo en Outubro do 2010 |
Unha das limpadoras do cole de Quintela chámase Rosa.
A Rosa gústalle ler.
Cando pasa polo expositor de novidades, sempre se apoia nel, e le.
A semana pasada estaba no expositor "Violeta non é Violeta" e leuno.
E gustoulle moito.
E gustoulle moito.
Cando soubo que nos ía visitar o autor, Xosé A. Neira Cruz, quixo que lle pediramos unha adicatoria do autor.
Nós pedímoslla, pero a el alegroulle tanto saber que a Rosa lle gustara o seu libro, que onte pola tarde apareceu de sorpresa no
cole de Quintela.
Quería coñecela, e trouxolle un libro de agasallo.
cole de Quintela.
Quería coñecela, e trouxolle un libro de agasallo.
Foi moi bonito e emotivo.
| Rosa e X.A. Neira Cruz na biblioteca do cole. |
Etiquetas:
Biblioteca escolar,
Curso 2010-2011,
Neira Cruz
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





