31/03/11

Abril é unha festa

Xa temos a programación do mes de abril para o noso cole. Si queres descargala, clica AQUI
Mañá empezaremos recibindo a visita de Iago López, para os pequenos de 1º Ciclo e 6º de Infantil.
Empezaremos tamén coa exposición de libros, contos e traballos documentais feitos polo alumnado nos dous últimos cursos.
Xa vos irei contando!

28/03/11

Recibimos a....

O venres os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria recibiu na biblioteca escolar ao autor do libro "Violeta non é Violeta", o escritor X.A. Neira Cruz.
O autor gustóulles moito ao alumnado, que fixo moitas preguntas..Todos viñan de ler o seu libro nos Itinerarios lectores.

Día da Poesía en Educación Infantil

Así debuxaron os pequenos de Infantil o fermoso poema de Antón García Teijeiro

26/03/11

Abril, mes do libro

Acércase o mes de abril, e o equipo de biblioteca do cole está "ultimando" a programación.
Teremos varios contacontos para os pequenos (Infantil e 1º ciclo), escritores para os medianos (2º ciclo) e
ilustradores para os maiores (3º ciclo)
Tamén contaremos coa colaboración ás familias para contarnos cousas relacionadas coa lectura, repartir diplomas aos mais lectores do cole, facer exposicións cos nosos contos, xuntanzas dos clubs de lecturas do cole,...Xa vos iremos contando.
 Abril é unha festa!

23/03/11

Os alumnos/as maiores ensinan formación de usuarios aos pequenos.

Os nenos e nenas de 4º curso, algúns deles axudantes de biblioteca, estiveron hoxe co alumnado de 2º de Primaria, para darlles unha lección práctica de formación de usuarios. Traballaron con eles en grupos pequenos. Despois da súa explicación, puxéronlles tarea: gardar libros de diferentes temas, no sitio correcto:

Os próximos días seguirán cos cursos máis pequenos.

Exposición da auga

21/03/11

Poesía e primavera

Hoxe, para celebrar o día da poesía, todos e todas, alumnado, profesorado, traballadoras do colexio, levamos un  doble agasallo: un poema e un caravel.
Foi moi fermoso ver aos nenos e nenas co seu poema e a súa flor.

21 de marzo , día da poesía

Aquí deixamos a selección de poemas que viaxarán as familias nesta xornada. Un poema por ciclo ...e algo máis. Comeza a primavera, así que ...un poema e unha sorpresa!

18/03/11

Día da Poesía en Quintela

O  21 de marzo, ao mesmo tempo que empeza a primavera,é o Día da poesía.
Nas clases traballamos estes días recitando, memorizando e decorando os nosos poemas favoritos.
O luns todos os nenos e nenas do cole de Quintela van levan un poema para ler en familia...e un agasallo.
Podedes ler unha selección dos poemas que mais nos gustan no noso blog poemas para peques.


Máis sobre poesía:
Obradoiro de poesía de Quintela
Como ler poesía aos nenos e nenas

14/03/11

A televisión por internet

Lingua galega tv, a canle de televisión por internet, subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de publicar o vídeo filmado no noso centro sobre o Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística, agora de Dinamización .
Entra AQUI. Para acceder,  hai que seleccionar do primeiro grupo de vídeos "Lingua, cámara, acción", clicando na pestana branca, o titulado "Premios de Innovación en Dinamización Lingüística.

Poderemos ver tamén unha reportaxe sobre o proxecto do IES de Rodeira , en Cangas, que tamén resultou premiado.

Que andamos a facer na nosa biblioteca?

Imos contarvos:
  • Na última semana de febreiro houbo xuntanzas dos clubs de lectura do cole. Lembrade: hai un de 5º curso, outro de 6º e otro para as familias. Agora están coas novas lecturas. As próximas xuntanzas serán en Abril.
  • A semana pasada celebramos o Entroido no cole. Este ano fomos de curruvellos. E eso, que é? Pois para sabelo, todos os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º tiveron que facer unhas entrevistas ás súas familias, e pedirlles fotos. Os de 2º ciclo fixeron coas respostas un texto conxunto.Os de 5º curso escribiron uns textos moi chulos.
  • E os de 6º curso? Eles traballaron moito, tiveron que investigar o entroido en todo o Morrazo.
  • Esta semana empezaremos a visitar a EXPOSICIÓN DA AUGA. E onde está esa exposición? Nos corredores do noso cole. E quen a fixo? Todos nós, casa curso fixo unha parte. E porqué? Pois porque llo pedín eu.Traballaron moito, moitísimo. Mesmo tiveron que facer saídas para ver cousas.
  • Ademais, o venres imos recibir ao escritor Xosé A. Neira Cruz. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º viñen de ler o seu libro "Violeta non é Violeta" e están desexando preguntarlle cousas de Mo.
  • E a vindeira semana,...a poesía.

03/03/11

Xa temos premiados

Xa temos as cartas gañadoras do II Concurso de cartas de amor. A elección foi sumamente difícil. O equipo de biblioteca disfrutou coa súa lectura, e decidiu premiar 7 cartas dos alumnos e unha de pais. Hai cartas aos irmás, aos país, aos avós, aos amigos,ao amor..todas moi fermosas.
Si queredes lelas entrade no club de escritura.
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...