Onte celebrouse na biblioteca escolar unha nova xuntanza do club de lectura de pais e nais.
Foi coma sempre, unha agradable xuntanza onde falouse de libros, de pintura, de relixión,de historia,...
O libro que viñamos de ler, " La joven de la perla" de Tracy Chevalier resultou moi interesante.
Temos unha nova cita o venres 8 de abril. Esta vez cambiamos de tema totalmente. O libro:
"Almas grises " de Philippe Claudel. Podedes recoller o libro na biblioteca do cole, ou na biblioteca municipal de Moaña.
Estades todos e todas invitados a incorporarvos ao club.
26/02/11
25/02/11
A cebra Camila gustóunos moito
Os nenos e nenas de 4º curso contáronlle na biblioteca o conto da Cebra Camila aos nenas e nenas de 1º.
Gustóulles moito, e decidiron facerlles moiiiiiiitas cebras Camila de agasallo, para que veñan contarlles máis contos:
Gustóulles moito, e decidiron facerlles moiiiiiiitas cebras Camila de agasallo, para que veñan contarlles máis contos:
Etiquetas:
Biblioteca escolar,
Conta que che conto,
Conto,
Curso 2010-2011
24/02/11
Xuntámonos?
Mañá no recreo haberá xuntanza do club de lectura de sexto, "Amigos de aventuras". O libro que veñen de ler é
"Konrad, el niño que salió de una lata de conservas" de Christine Nöstlinger,
Por outra banda, as 8 da noite, na biblioteca do cole, xuntaráse tamén o club de lectura de nais e pais, para comentar o libro "La joven de la perla" de Tracy Chevalier.
"Konrad, el niño que salió de una lata de conservas" de Christine Nöstlinger,
Por outra banda, as 8 da noite, na biblioteca do cole, xuntaráse tamén o club de lectura de nais e pais, para comentar o libro "La joven de la perla" de Tracy Chevalier.
Etiquetas:
As familias participan,
club de lectura,
Conto,
Curso 2010-2011
20/02/11
Queredes saber porqué....
os de 4º decidiron aprender cousas sobre os tiburóns?
Todo empezou un dia ...
Todo empezou un dia ...
Proxecto tiburóns
View more presentations or Upload your own.
16/02/11
Xuntámonos na biblio?
Maña xoves, o club de lectura de 5º curso (os comilóns de libros) vai celebrar unha nova xuntanza.Vai ser na biblioteca, durante a hora do recreo
Esta vez o libro que veñen de ler é "Os megatoxos e o aprendiz de druida"
Podedes facer o seguimento dos clubs no blog do club de lectura.
Esta vez o libro que veñen de ler é "Os megatoxos e o aprendiz de druida"
Podedes facer o seguimento dos clubs no blog do club de lectura.
Etiquetas:
Biblioteca escolar,
club de lectura,
Curso 2010-2011
10/02/11
Porque o vento bandido...
Os nenos e nenas de 4º seguen contando contos aos máis pequenos. Esta vez tocoulle aos de 3 anos, que estiveron mooooi atentos!!
Que ben, un agasallo!!!
Onte unha das profesoras do equipo de biblioteca, repartiu os agasallos para os nenos e nenas que cubriron o cuestionario da Paz.
Houbo cadernos de debuxo, libretas de cores e bolígrafos para todos os que participaron.
O participante máis novo foi Pablo, de 1º. As profesoras do equipo de biblioteca gustounos moito o seu debuxo da pomba da Paz, e a súa fermosa letra, grande e redonda.
Parabens para todos e todas os que participastes!!!
Etiquetas:
Biblioteca escolar,
Curso 2010-2011,
Día da Paz,
Educación documental,
Paz
08/02/11
Concurso cartas de amor
Este ano hai tamén unha convocatoria para os pais e nais que queiran participar.
Para o alumnado, haberá un premio para as mellores cartas.O xurado está formado polo equipo de biblioteca escolar. Lembrade as condicións:
Pode ser unha carta de amor dedicada á vosa familia, á vosa mascota, ao cole, a un amigo/a, a un irmá,...
Lembrade facer primeiro un borrador. A presentación tamén importa.
Cando a teñades lista, entregádea na biblioteca escolar antes do 15 de febreiro.
AQUI tes o formato para facer a carta,
e AQUI algúns consellos para escribila, que nos chegan dende a biblioteca do Ceip Milladoiro de Malpica
Esperamos con impaciencia as vosas cartas!!!!
AQUI tedes o enlace as cartas gañadoras o curso pasado.
Etiquetas:
As familias participan,
Carta,
Cartas de amor,
Conto,
Curso 2010-2011
04/02/11
Calendario
Aquí temos a presentación dixital do calendario que elaboramos no primeiro trimestre.
Recollemos en cada mes unha parte significativa de Moaña, o centro de atención do proxecto deste ano. Todos os cursos prepararon as ilustracións dos meses, e a montaxe final prepararonna os alumnos de 6º curso.
Recollemos en cada mes unha parte significativa de Moaña, o centro de atención do proxecto deste ano. Todos os cursos prepararon as ilustracións dos meses, e a montaxe final prepararonna os alumnos de 6º curso.
02/02/11
Novas publicacións de edicións Quintela
Os artistas do Kamishibai
Logo prepararonse ben, e hoxe tres deles contáronlle o conto aos nenos e nenas de 1º, que estiveron moi atentos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

