28/01/11

As mascotas

Aquí deixamos un vídeo sobre as mascotas que teñen os de terceiro de Primaria. Escoitade, xa veredes que cousas máis curiosas fan:

23/01/11

Contos de paz desde Vide

Desde Vide eses amigos que temos en As Neves, vía Sarmenteiros chéganos esta recompilación de contos de paz. Moitos deles poderedes atopalos na exposición que preparamos entre todos e todas na entrada do cole:

20/01/11

Día da Paz

A ONU declarou no ano 1964 o 30 de Xaneiro como Día da Paz.

Estos días iremos desenvolvendo algunhas actividades no colexio relacionadas con ese dia:

Exposición de libros relacionados co tema, que seleccionará o alumnado.respostar a un cuestionario relacionado coa Paz, etc.

Para resolver o cuestionario, podedes clicar no menú lateral, en "Busca por temas" en "Paz".Non esquezades buscar tamén na biblioteca escolar.

Para ir entrando en materia, podedes acceder a través da imaxe, a unha páxina de xogos para os peques do cole.


Para construir a Paz. Para os maiores do cole:


E por último, para xogar coa familia:

19/01/11

Club de lectura de nais e pais


Mañá xoves, as 8 da tarde, teremos outra xuntanza no colexio do club de lectura para nais e pais.
O coordinador do club é o bibliotecario municipal, e o libro que rematamos de ler é "Mi tio Napoleón" de Jaj Pezeshkjad.

11/01/11

O alumnado de 3º e os animais protexidos

Os nenos e nenas de 3º estiveron aprendendo cousas sobre animais protexidos. Logo fixeron unhas presentacións dixitais. Era a primeira vez que as facían, e fixéronno moi ben. Mirade a de María e Diego:
O resto das presentacións están no blog de Segundo ciclo en Quintela

09/01/11

Xoga cos bosques

Xogos para todos:
Para Infantil e 1º Ciclo:
Entra na páxina de contidos da Xunta, e xoga para aprender cousas do bosque


Para 2º e 3º Ciclo, entra en Edufores (Programa de Educación forestal), e xoga. Hai moitos xogos, para loitar contra o lume, xogos de verdadeiro ou falso, crebacabezas de animais e de árbores, xogos de arrastrar,..


08/01/11

Ano Internacional dos bosques

O ano 2011 foi declarado o Ano Internacional dos bosques pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU). A idea é aumentar os esforzos por recuperar e conservas os bosques.
Esta é a segunda vez que os bosques son os protagonistas de un Ano Internacional. A outra edición fora ano ano 1985.
Este vídeo do sendeiro do río da Fraga, en Moaña, ten fermosas imaxes de algúns tramos do río:


Enlaces de interés:
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...