28/11/11

Chega o culturgal

O Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, celébrase esta fin de semana no Pazo da Cultura de Pontevedra. Comeza o venres e ao longo de tres días contará con presentacións de libros, obradoiros infantís , actuacións musicais, entrevistas e unha chea de actividades para todo tipo de  públicos .
No seu Foro debatiranse propostas de desenvolvemento para este importante sector empresarial galego e facilitará a posta en contacto das empresas e a circulación de información especializada.
Conta cunha programación especial para as familias, con actividades tan variadas como obradoiros de cociña, contacontos, presentacións de discos, karaoke, maquillaxe, etc.
Consulta aquí o programa e elixe o mellor momento para apoiar esta iniciativa, tan importante para o mundo empresarial da cultura, e pasar unha divertida xornada.

23/11/11

Contra a violencia de xénero

O vindeiro venres celébrase o Día Internaciónal contra a violencia de xénero.
No segundo e terceiro ciclo traballan o tema preparando un audivisual sobre o conto "Rosa Caramelo.
O venres teremos na biblioteca escolar o visionado de varios vídeos e contos que tratan o tema.

Mentres, deixamosvos o enlace a unha páxina de recursos elaborada na biblioteca escolar do
 CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos


17/11/11

O rato e os ventos no Kamishibai

Retomando a actividade "Conta que che conto" na que todos os nenos e nenas do cole somos contacontos.
Os alumnado de 4º de Primaria ilustrou paaa o kamishibai unha das historias de "Contos de ratiños". de Arnold Lobel, o conto de "O rato e os ventos".Despois forono conarlla aos pequenos de 1º de Primaria que aplaudiron moito.


16/11/11

Vídeo das bibliotecas escolares


 Este vídeo que publican na páxina da Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia foi rodado en distintas bibliotecas que forman parte do Plan de Mellora de Bibliotecas escolares, entre elas a nosa. O vídeo presentouse no Congreso de Bibliotcas en Tránsito, celebrado en Santiago os días 10,11 e 12 de Novembro.
Mais información:

13/11/11

As castañas tamén sirven para....

O xoves celebrouse o magosto no cole.
Os pequenos do cole (1º de Primaria e Infantil) mostrannos que as castañas non só sirven para comer...:

CALCULANDO , COMPARANDO EN INFANTIL

Congreso Bibliotecas escolares en tránsito

Vimos de asistir ao Congreso de Bibliotecas escolares en tránsito, celebrado en Santiago de Compostela.
Un Congreso cheo de personalidades que non nos decepcionaron.
As conferencias de Javier Celaya, ou Michele Petit, os debates de Jaume Carbonell, José Antonio Cordón, ou Puerto Menéndez e Rosa Piquín, as experiencias de outros compañeiros nas bibliotecas escolares, foron de unha calidade que esperamos ser capaces de trasladar ao noso facer diario,

05/11/11

Día da Ciencia en galego

Onte, no Día da Ciencia en Galego, os nenos e nenas do 3 ciclo asistiron no cole á videoconferencia tan esperada.
Chegou o día e  a técnica deixounos gozar do relatorio de Dona Isabel Fraga Vila coma se estiveramos na mesma universidade.
Non eramos os únicos, xa que máis de 4000 rapaces e rapazas de 70 centros toda Galicia poideron compartir con nós a experiencia. 
A directora do Museo de Historia Natural de Santiago e profesora de Botánica desta universidade deixounos claro por que os bosques son tan importantes.
Nunha amena e clara charla foi explicando cales eran os tipos de bosques, como era a intervención humana neles e que beneficios aportan á humanidade. As palabras da especialista en Botánica eran acompañadas por unha clara presentación, compartindo a pantalla coa imaxe da relatora, axudando a visualizar toda a información.
Cando rematou o seu relatorio a profesora, todos os asistentes querían saber máis e así o demostraron formulando preguntas como:
Que especies están ameazadas en Galicia?
Cal é a árbore máis grande do mundo? E a que máis vive?
Como podemos evitar a deforestación?
Cales son os bosques máis importantes de Galicia? E do mundo?
Son os eucaliptos perxudiciais para o montes?
Sobre estas cuestións o moitas outras seguirán dsen dúbida investigando nas aulas.
Na nosa comarca, centros como o CEIP A Rúa  e  O  Hío de Cangas, o CEIP Montemogos de Bueu, e os CEIP de Tirán e Domaio   de Moaña , seguiron a videoconferencia 
 " Sabes por que 2011 e  o ano internacional dos bosques" que organizou a Coordinadora Galega de Normalización Lingüística en colaboración  coa Universidade  de Santiago de Compostela.





04/11/11

Congreso Bibliotecas escolares en tránsito 2011

Os días 10, 11 e 12 de Novembro vaise celebrar o Congreso de Bibliotecas Escolares en Tránsito 2011.
Este Congreso está organizado polo Ministerio de Educación  e a  Consellería de Educación da Xunta de Galicia..Asociado ó Congreso terán lugar os Encontros de bibliotecas escolares en tránsito, no que unha parta importante do profesorado galego integrante da Rede do Plan de mellora de bibliotecas teremos a posibilidade de asistir.
Para máis informacion_




O congreso retransmitese en directo. Este é o enlace para seguilo: 
http://www.bibliotecasescolaresentransito.com/gl/streaming.asp

03/11/11

O poema do mes, o libro do mes

Os nenos e nenas de 6º de Infantil e 1º de Primaria escolleron a mellor poesía do mes de outubro, e o mellor conto do mes. Estes son os elixidos. Que vos parecen?





Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...