21/12/10

Axudantes de biblioteca


Hoxe, na hora de ler, tivemos xuntanza na biblioteca cos axudantes de biblioteca.
Son alumnos e alumnas voluntarias que atenden a biblioteca escolar na hora do recreo.
Ao rematar cada trimestre, algúns voluntarios continúan, e outros deixannos para que poidan incorporarse novos voluntarios.
Para o segundo trimestre, imos contar con cinco equipos, un para cada día da semana,formados por parellas ou tríos.
A súa función é ordear, facer respectar as normas, levar o turno de uso dos ordenadores, e cubrir o caderno de incidencias.Todos os axudantes de biblioteca deben ser maiores de 10 anos, xa que é un traballo de responsabilidade.
Para eso, asinan un contrato, do que levan copia.
"Paco" está encantado de ter tantos axudantes.

Último día do trimestre


O mércores, como é o último día do trimestre, temos unha programación especial.
Como todos os anos, imos merendar todos xuntos chocolate con churros. (é a comida de "empresa" dos nosos alumnos).
Logo recibiremos a Papá Noel, que traerá un agasallo para cada aula.
A continuación recreo con música de nadal, e despois imos disfrutar de un pouco de cine:
"O soldadiño de chumbo" para os máis pequenos,
"Ups" para os medianos, e "As bruxas" para os grandes.
A disfrutar!

18/12/10

Lecturas para o Nadal

Estas son as guías de lectura , que a Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo elaborou para o Nadal.
Este curso, a proposta é moi interesante, chea de boas lecturas.
Para Infantil:


Para Primaria:

Rufina escribe a Paco

Cende o cole de Reibón, tamén de Moaña, chéganos esta felicitación de Rufina (que anda por Africa)


Grazas Rufina!!!

15/12/10

Boas noticias para a nosa biblioteca

No colexio de Quintela estamos moi, moi contentos.

Acabamos de recibir a noticia de que veñen de concedernos o III Premio do Ministerio de Educación no "concurso nacional de buenas prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas escolares", cunha dotación económica de 7.000 euros.

Este premio non sería posible sen a colaboración e implicación nos traballos da biblioteca de todo o profesorado e familias.

Gracias a todos e todas, e a seguir traballando coa ilusión que nunca nos faltou!!!!
Parabens aos outros centros de Galicia, que ata un total de 8 , acadan premios nesta convocatoria.
Grazas a asesoría de bibliotecas escolares de Galicia por orientarnos no camiño-

10/12/10

Unidade didáctica sobre os cogumelos

No pasado mes de Novembro, Manuel Méndez Fraguas, mestre no colexio de Reibón -Moaña, e gran aficionado as setas, deu unha charla ao alumnado de 3º ciclo sobre os cogumelos.

Deixounos unha interesante unidade didáctica para traballar. Podedes acceder a ela premendo na imaxe:

08/12/10

Día Internacional da Incapacidade

Un vídeo sobre o conto "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier, publicado por Juventud. Visto en Biblioteca do Chouzo de Vigo.
Un libro para reflexionar.


E este outro, visto en Youtube, sobre o conto "Cuatro esquinitas de nada" de Jerome Ruillier, editado tamén por Juventud:

02/12/10

Aprendendo cousas xuntos

Os nenos e nenas de cuarto de Primaria estiveron aprendendo cousas sobre os tiburóns.
Con parte da información prepararon unhas presentacións dixitais.
E unha ferramenta que lles gusta moito, sobre todo dende que descubriron que podían poñerlle transicións. As ilustracións son deles. Eles as fotografiaron das súas libretas e prepararon (recortar e comprimir) para poder usar nas presentacións. Esta é de Daniel e Dani. Si queredes ver o resto, están no blog de segundo ciclo, ou en Audiobiblio.
Agora estanse preparando para expoñer oralmente o aprendido a outros cursos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas