28/11/10

Últimas novidades editoriais no Culturgal


Remata hoxe a Feira das Industrias Culturais Galegas, o Culturgal.
Alí puidemos atoparnos coas últimas novidades editoriais , entre elas "O soldadiño de Chumbo", un libro-DVD editado por Galaxia sobre unha agraciada adaptación do coñecido conto clásico. Libro xoia poderíamos dicir, xa que as ilustracións son fotogramas da película de animación do mesmo título elaborada coa técnica Stop-Motion polos prestixiosos Virginia Curiá e Tomás Conde.
Esta multipremiada curtametraxe está ambientada no Museo dos xoguetes de Allariz, no que tamén vive a fermosa bailarina da que namora o soldadiño. Deliciosa! Nuns días poderedes gozar deste conto na nosa biblioteca.
Desde a editorial OQO tamén nos chegaron outras delicias, entre elas as películas de animación"Os contos do camiño" que sobre títulos como "O gato na árbore" presentaron na xornada do sábado . Esperemos que os poderes públicos apoien iniciativas coma estas , para que os nosos cativos poidan gozar da gran calidade que ofrecen estes audiovisuais galegos.

Un traballo dixital

Este é un traballo dixital do alumno de 6º de Primaria Anxo Rúa sobre a igrexa de San Martiño de Moaña , dentro do proxecto"Moaña" que estamos a traballar no colexio.

26/11/10

Un día moi movido no cole

O mércores foi un día moi movido no cole:

Os nenos e nenas de 4º de Infantil , os peques do cole, foron á fonte de Entrevalos e ao lavadeiro da Miranda (mandoulles "Paco", a mascota, Proxecto auga)

Os alumnos/as de segundo de Primaria foron pintar á praia da Xunqueira (Proxecto Innovación)

A profe de terceiro de Primaria empezou a gravar as voces dos seus alumnos/as para un audiovisual sobre as súas mascotas (Proxecto Innovación)

Os nenos e nenas de cuarto de Primaria remataron as súas presentacións dixitais sobre os tiburóns (Proxecto tiburóns)

O alumnado de quinto e sexto de Primaria asistiu a unha charla sobre os cogumenos .(Proxecto Fomento do galego)

E ademais o club de lectura de 5º curso xuntouse na biblioteca,

Que cole máis movido!!!!

25/11/10

O monstruo

"El monstruo" de Daniel Martín.Un conto sobre a violencia de xénero dende a visión de dous nenos. Contado por Légolas.

Para a eliminación da violencia contra as mulleres

Neste 25 de Novembro
Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Retomamos as suxestións para tratar nas aulas que vos propuxemos o curso pasado:


Lecturas para facer na clase, que tratan o tema:
Para os máis pequenos (3 a 6 anos):

"Arturo y Clementina", e "Rosa Caramelo", ámbolos dous de Adela Turín.


Para os medianos do cole (6 a 9 anos):
"Nin un biquiño a forza", editado hai tempo pola Xunta de Galicia,

e "Miña nai é fantástica ", que reivindica un papel da muller activo e sen complexos.
Tamén "Meu pai é estupendo" é un complemento apropiado.


Para os maiores (de 9 a 12 anos):
"O libro dos porcos" Editado por Kalandraka, segue sendo moi apropiado para nenos e nenas do terceiro ciclo. As ilustracións son fortes e efectivas.



Para adultos:
"La cenicienta que no quería comer perdices"
de Nunila Lòpez e Myriam Cameros, que está actualmente nas librerías, con gran éxito de ventas, pero podemos velo na rede:


Ademais, para traballar, temos unha webquest para os mais peques (Infantil e primeiro ciclo) sobre "Rosa Caramelo".Os demais tamén poden animarse, será divertido!!!
A autora é Rocío Cabanillas Magro, do Ceip J.L. Rebollo de Andalucía
E interesante facela con eles, para inicialos nesta ferramenta de traballo.

Non esquezades ler o conto primeiro!!!:


Aquí temos unha animación do conto "Unha feliz catástrofe , de Adela Turín, e ilustrado por Nella Bosnia, que vemos en Educastur Blog :


Ademais, como a mellor prevención é a coeducación, deixovos AQUI un enlace á unha interesante selección feita dende a Escola Unitaria de Vide .

20/11/10

Día Internacional dos Dereitos d@s Nen@s

O dereitos humanos, os dereitos da infancia

Dende a biblioteca escolar do CEIP Milladoiro de Malpica chéganos unha magnífica páxina, recompilación de variados e atractivos recursos para traballar os dereitos da Infancia e os dereitos humanos. Inclúe cancións, vídeos, xogos,...
Clicade en Leo, a súa mascota:

19/11/10

O libro da auga

Recuperamos esta antigua entrada no blog, sobre o libro da auga:

Cartas de Paco

Hoxe chegaron ao cole as cartas de Paco. Hai unha para cada curso. Estos son algúnhas das súas preguntas. Imos ter que traballar moito para respostalas:



QUERIDOS AMIGOS E AMIGAS :

SABEDES QUE 2010 É O ANO INTERNACIONAL DA AUGA?


A min gustaríame saber que é unha fonte, e que se pode facer coa auga ademais de usala para a hixiene e a alimentación.
Podedes dicirme para que usan a auga os muíños?
Por certo, ten algo que ver muíño e muiñeira?
Quixera saber tamén de onde ven a auga que sae das billas das casas e onde vai despois.
Sempre houbo auga nas casas?
Sabedes que civilización fixo grandes obras para levar auga as casas?
Por certo, que son os icebergs?

Espero as vosas respostas!

Para buscar a información, na biblioteca escolar, ou na páxina de recursos:

Si queredes saber o que lle pregunta a cada curso, entrade nos blogs de ciclo:

17/11/10

Proxecto auga


Como chove!!!.
Como xa sabedes, o 2010 é o Ano Internacional da Auga.
Eu estiven pensando que hai moitas cousas da auga que me gustaría saber. Vouvos pedir axuda!!!.
Vou enviarvos unhas cartas. Pero mentras non chegan, deixovos unha páxina con información que preparei para vós.
Ide investigando e xogando, entra en:
Por certo, gústavos o meu paraugas?

16/11/10

Planeta auga

No Ano Internacional da Auga, mirade que fermoso vídeo:

10/11/10

Xogos do San Martiño

Polo San Martiño
trompos ao camiño.
Polo San Amaro
trompos ao faiado.

Preme no trompo para saber cousas dos trompos

Queres xogar ao trompo?. Entra aquí:

Queres saber sobre as bolas ou canicas?:
Hainas pequenas:

e grandes:



Segundo o diseño, teñen distintos nomes:


espaguetis, escorpións, flamas, piratas,

duendes, rehiletes, perlas, laberintos.,



ágatas, tréboles, arcoiris,



coloríns, dálmatas, diamantes.

Máis información sobre as canicas:
Seminario xogos

05/11/10

Club de lectura de nais e pais

O xoves foi a primeira xuntanza do club de lectura de pais e nais na biblioteca do noso cole.

O libro que comentamos foi "El tiempo entre costuras" de Maria Dueñas.O libro gustóulles a todos os membros do club. Reflexionamos sobre o tempo e os lugares nos que transcurre a historia, os diferentes personaxes, a fluidez da escritura, a trama.

O bibliotecario municipal, resultou un estupendo "conductor" da xuntanza, e o ambiente foi moi agradable e participativo.
Xa temos seleccionada a próxima lectura, e a data de xuntanza.

Videoconferencia

Onte o alumnado de terceiro ciclo do noso cole participou nuna videoconferencia programada pola CGENDL, en colaboración coa USC e o CERN a través do IES Porto do Son .
O máis salientable foi o innovador da actividade, e as emocións vividas.
Saber que moitos outros rapaces e rapazas, mestres e mestras estaban a ver e escoitar o mesmo ca nós, lendo no chat as súas impresións era moi emocionante.Máis de 60 centros de Secundaria. O noso era o único de primaria, como salientan os nenos e nenas de 3º Ciclo no seu blog.
E sobre todo saber que uns eminentes científicos e científicas dedicaban o seu tempo a facer comprensible esa parte da Física tan pouco visible, casi esotérica ou achegada á ciencia ficción: a física de partículas
As didácticas explicacións de Teresa Fonseca e Abraham Gallas Torreira trasladáronnos nun abrir e pechar de ollos ao túnel acelerador de partículas e a imaxinación das minúsculas partículas que integran a materia.
Desde a USC nunha experiencia pioneira, os profesores Carlos Salgado e Elena Ferreiro resolveron a morea de dúbidas que sobre o mundo que nos rodea se foron verquendo desde todos os puntos do país.
E despois está a mensaxe para a nosa lingua, que acompañou a estes prestixiosos científicos e científicas na súa esplendorosa carreira sen constituír traba algunha.
Parabéns a todos os organizadores por tan proveitosa actividade.

02/11/10

Os de Infantil cóntannos...

como foi a súa semana das bibliotecas escolares.Lembrade que todos os cursos foron pasando por outras aulas para ver as bibliotecas de aula:

Na clase de segundo ensináronnos os contos que máis lle gustaban e Anxo leunos un poema da Lúa que nos gustou moito:


Na clase de 4º, aprendemos que o índice sérvenos para buscar o que queremos nos libros, sen ter que revisar todas as follas. Nós xa o sabiamos pero non llo dixemos, o que non sabiamos era utilizar marcadores para sinalizar as páxinas que nos gustan. Isa regalounos uns marcadores rosas que imos utilizar enseguida.
Os nenos e as nenas explicáronnos como decoraran a súa biblioteca e cales eran os libros que máis lles gustaban.Tamén nos prestaron o seu libro de golfiños, imos coidarllo moito!


Na clase de 6º, explicáronnos que tiñan os libros ordenados por coleccións, que decoraran a biblioteca cun díptico do seu libro preferido e que ao lado do ordenador colocaran os libros que lles gustaban de pequenos, para ensinárnolos a nós.



Entrade no superchulo blog de Infantil: Infantil en Quintela

01/11/10

Contos pop-up

No blog de Antonio Alonso vimos este precioso vídeo: Érase unha vez...
E un libro pop-up, ou libro animado, é decir, esos libros que ao abrilos xurden as ilustracións en 3D.
A ver si recoñecedes os contos:
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas