31/10/10

Encontros de Bibliotecas Escolares

Este fin de semana foron os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Xuntáronse máis de 1.000 docentes relacionados coas bibliotecas para escoitar conferencias e compartir experiencias.


Como todos os anos, algunhas profesoras do cole acudimos para aprender, compartir, mellorar.


Tivemos ademáis a posibilidade de falar de algunhas das nosas experiencias na biblioteca escolar do noso cole.: os traballos documentais, as aportacións á galipedia, as produccións multimedia, o traballo por proxectos, a participación das familias nas actividades da biblioteca,..

Pódese ver máis información sobre os Encontros en:

30/10/10

Miguel Hernández

O 29 de outubro celebrouse o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández.
O equipo de Educa con Tic preparou unha fermosa montaxe audiovisual, con algún dos seus poemas:


Miguel Hernández - 100 años - Nanas de la cebolla from http://vimeo.com/educacontic on Vimeo.

27/10/10

Estamos de noraboa!

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de anunciar a resolución aos premios de Innovación en dinamización Lingüística.
De novo, e por segundo ano, o noso centro ve premiado o seu proxecto, (En galego pola rede II) que é unha continuidade do anterior, e no que a biblioteca escolar ten un papel importantísimo.

Os premiados nesta edición, xunto co noso colexio son:
CEIP de Aguiño, en Ribeira (A Coruña), o CRA Mestra Clara Torres, en Tui (Pontevedra), o IES Perdouro, en Burela (Lugo) e o IES Rodeira, en Cangas (Pontevedra)
A información, na páxina da Xunta:
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Os nenos e nenas de 4º aprenden a facer presentacións

Os nenos e nenas de 4º aprenderon estes días a facer presentacións dixitais. O tema: As cousas que nos gustan. Aquí tedes dúas sobre libros:

Podedes ver máis no blog do Segundo ciclo en Quintela, ou en Audiobiblio

26/10/10

Bibliotecas de aula

Xa que as bibliotecas de aula son biblioteca escolar,e celebrando o día das bibliotecas escolares, ao longo desta semana, o alumnado do cole está a visitar todas as biblioteca de aula.
O luns foron os do terceiro ciclo os que visitaron aos compañeiros de outros ciclos.
O martes tocoulles aos de segundo ciclo.
Logo irán os do primeiro ciclo, e por último os de infantil.Aquí tedes algunhas biblioteca de aula


A biblioteca de 6º de Primaria A biblioteca de 4º de Primaria



A biblioteca de 5º de Primaria. A biblioteca de 3º de Primaria

22/10/10

Día das bibliotecas escolares

Co fin de celebrar o Día das bibliotecas escolares, a Consellería de Educación enviou aos centros un fermoso cartel co lema:
BIBLIOTECA ESCOLAR
UN MUNDO DE OPORTUNIDADES
Este ano no cole de Quintela decidimos centranos nas bibliotecas de aula.
Levamos varios días traballando nas aulas para decorar as bibliotecas de aula, porque a vindeira semana todos os cursos visitarán as outras aulas para ver que bonitas están, e cales son os libros que lles gusta ter na aula.
Xa vos mostraremos algunha foto. So tedes que esperar ata o luns!!

14/10/10

A meiga dos contos na biblioteca municipal

O próximo venres 15 de outubro, as 6 da tarde, na Biblioteca Municipal de Moaña:
"A meiga dos contos", de Ana María Fernández.
Contacontos interactivo, onde todos xuntos van crear os persoaxes.
Para nenos e nenas de 5 a 10 anos.

05/10/10

Club de lectura, tamén para pais e nais

Este curso temos club de lectura para pais e nais. O libro que están a ler é "El tiempo entre costuras" de María Dueñas.
Na primeira semana de novembro imonos xuntar no colexio para falar do libro.

Para a primeira xuntanza contamos coa colaboración do bibliotecario municipal, que aceptou a nosa petición de moderar o club.
Entra no blog da autora:, con fotografías dos escenarios da novela, e datos moi interesantes:
Entrevista a María Dueñas:

Ben falado!

Preme na imaxe para acceder ao vídeo do programa Ben Falado, que o pasado venres emitiu o seu programa sobre o noso colexio:

02/10/10

Cadernos lectores na axenda escolar de Quintela



Este curso, o departamento de Orientación do colexio , en colaboración cos equipos de Dinamización da lingua galega, e Biblioteca escolar, deseñou a axenda escolar do centro.

Esta axenda é para o uso do alumnado dende 2º ata 6º de Primaria.
A axenda ten unha parte chamada "Caderno lector" , oito páxinas onde o alumnado vai anotar os libros que len durante o curso escolar:
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...