24/09/10

Clubs de lectura

Xa están en marcha os clubs de lectura do alumnado. Este curso haberá dous, ainda que con máis nenos/as que o curso pasado.

O club de sexto, "Amigos dos libros"comenzará con un libro que pensamos vai gustar moito:
"La evolución de Calpurnia Tate"de Jacqueline Kelly.



O libro escollido para o club de quinto curso é "As bruxas" de Roald Dalh, un autor que gusta moito.
A próxima semana os alumnos de nova incorporación nos clubs recibirán os seus cadernos de anotacións.

21/09/10

Plan de mellora de bibliotecas escolares


Recientemente ven de publicarse do Diario Oficial de Galicia a lista de centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
O noso centro sigue formando parte desa rede de centros, dende o curso 2006-2007.Grazas a eso temos a posibilidade de intercambiar experiencias e material con outros centros, recibir formación e asesoría e unha dotación económica.

15/09/10

Empezamos a andar

Estes días a biblioteca recibe montones de libro dos préstamos de verán: libros para as familias que pasaron o verán nas casas de nenos e nenas do cole.

Ademáis, empezamos xa a andar:


  • Mañá haberá na biblioteca escolar unha xuntanza no recreo para os alumnos e alumnas do terceiro ciclo que queiran ser axudantes de biblioteca neste curso.Os voluntarios asinarán un "contrato" coas tarefas que deberán realizar durante os recreos que estén de "garda".
  • O equipo de nais e pais de apoio á biblioteca escolar xuntaránse nos próximos días para traballar nos diferentes proxectos de participación das familias de este curso.
  • Abrírase tamén o prazo para os alumnos e alumnas que desexen formar parte dos clubs de lectura.

  • "Paco" ,a mascota do cole, prepara a súa maleta para levar contos aos nenos e nenas de 4º de Infantil, que pronto virán á coñecer a biblioteca escolar.

    Como a crisis tamén nos chega a nós, por primeira vez dende hai catro anos, este curso o concello non nos envía auxiliar de biblioteca. Todos e todas teremos que traballar máis!

08/09/10

Proxectos para este curso

Ola nenos e nenas!
Este verán andiven moi atarefado, indo á praia (que verán máis bo tivemos, non si?), lendo os libros de verán que levei para min da biblioteca (Historias de monte e praia) , e facendo amigos.

Este verán andiven moito por Moaña, fun a praias ás que nunca fora, fixen un curso de windsurf, recorrín moitos sitios bonitos, coñecín a moita xente,..
E pensei que tiñamos que facer entre todos unha grande investigación sobre Moaña, a súa costa, as súas xentes, os seus lugares. Así poderemos pedirlle a axuda ás nosas familias, e estrear un cadernos de investigación que estou a preparar para vós,.. Convertirnos en periodistas e fotógrafos.

Que vos parece?

Pronto nos vemos e vos conto máis.

05/09/10

Ola a todos e todas

Despois deste descanso veraniego, aquí estamos de novo.

Como podedes ver, aproveitamos o descanso para renovar a apariencia do blog. Queríamos que o acceso ás diferentes páxinas do menú lateral fora máis doado.

Que vos parece o resultado?

Sabedes xa que o vindeiro venres comenzamos as clases de novo?

Paco vos espera cun novo proxecto para este ano. Anda metido na biblioteca, a ver si conseguimos que veña a contarvos as súas ideas.

Mentras, imos deixarvos con este divertido vídeo de Mafalda, no seu primeiro día de cole, que xa vos puxemos hai tempo.

Si vos gusta Mafalda, na biblioteca temos as súas historias:
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...