27/02/10

O vento e a lectura

Esta fin de semana tan especial, na que o vento e a chuvia téñennos pechados nas casas, é boa....para a lectura.

E, por se quedades con ganas, nas aulas do cole espérannos o luns dous libros que teñen que ver co vento: "A viaxe do vento pequeno" e " O mago de Oz"
Clica na imaxe de abaixo e entrarás na web oficial. Empeza co son do vento nas árbores.
A que che soa coñecido?

25/02/10

Mañá remata o prazo


Mañá remata o prazo para entregar as cartas de amor.

Xa temos unhas cantas na biblioteca.

Cartas aos amigos, aos amores, ás nais, aos peluches, ás mascotas,..algunhas tenras, outras divertidas.

A selección vai ser moi disputada!!

09/02/10

Por amor

Por amor nacín da terra.
Por amor son o que son.
Por amor canto o meu canto,
por amor.

Por amor sángranme os pulsos
e abréseme o corazón.
Por amor dóenme os ollos.
Por amor,só por amor.

DARÍO XOHÁN CABANA."Cantigas do setenta.A sede,a auga"Recolllido en "Poetízate",de Fran Alonso.Ed XeraisImaxe "El beso" de Gustav Klimt
Máis poesía en Poemas para peques

08/02/10

A biblioteca convoca,...

O alumnado que fixo as actividades propostas pola biblioteca (cuestións de paz) recibiu un pequeno agasallo.

Ide afiando os lapis porque xa temos outra actividade.

Esta vez o premio será para os mellores!!A biblioteca do cole convoca un concurso de cartas de amor:Pode ser unha carta de amor dedicada á vosa familia, á vosa mascota, ao cole, a un amigo/a, ao voso pobo,…Recollede na biblioteca o papel para redactala
(lembrade facer primeiro un borrador)Cando a teñades lista, entregádea na biblioteca escolar antes do 28 de febreiro.
AQUI tes o formato para facer a carta,

e AQUI algúns consellos para escribila, que nos chegan dende a biblioteca do Ceip Milladoiro de Malpica
Esperamos con impaciencia as vosas cartas!!!!

05/02/10

A nosa exposición sobre a astronomía

O proxecto que traballamos ao longo do curso é a ciencia, repartido así:
  • A astronomía
  • Os científicos e científicas, e os seus descubrimentos

No primeiro bloque, cada curso invetigou sobre un aspecto diferente da astronomía, pero escollendo a Galileo Galilei como eixo das nosas investigacións
Foi un tema que apasionou ao alumnado.

Os traballos realizados concretaronse nunha exposición que nestes días visitamos. Destes xeito aprendemos dos demais.

A exposición é un éxito.
Descarga aquí a guía da exposición.
Aquí tedes algunhas fotos:

E aquí podes consultar unha selección de páxinas que fixemos para vós, con información, fotografías e xogos sobre a astronomía.

Os saltimbanquis


O xoves os alumnos de 2º, 3º e 4º de Primaria fomos á biblioteca municipal a ver o espectáculo "Os saltimbanquis".
A obra do Teatro do Morcego, está baseada nun conto dos irmáns Grimm:
Un burro, un can, unha galiña e unha gata, deciden facer un grupo musical.
Sabedes agora de que conto vos falamos?
O espectáculo gustounos moito.

03/02/10

Un pouco de historia

Vimos este cadro no blog amigo Trafegando Ronseis:
Preme na imaxe, e entrarás no cadro.
O cadro está composto de personaxes históricos.
Poñendo o cursor enriba de cada personaxe, vas ver o seu nome, e se clicas nel, poderás entrar na súa páxina da wikipedia



Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...