Paco escribiu unha carta para pedir axuda aos nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo .
27/01/10
Premios Nobel
Atopamos esta presentación na rede.
Falta o último premio Nobel.
A ver se averiguades quen foi:
Falta o último premio Nobel.
A ver se averiguades quen foi:
25/01/10
Música pola Paz
O Himno da Alegría é a canción que escollemos no cole para celebrar o Día da Paz.
A continuación tedes unha escolma musical realizada polas Bibliotecas escolares galegas, que nos chega grazas a O segrel do Penedo
A continuación tedes unha escolma musical realizada polas Bibliotecas escolares galegas, que nos chega grazas a O segrel do Penedo
24/01/10
19/01/10
Para saber máis e máis
Xa chegou ao noso cole, procedente do Ceip Abelendo de Moaña, a colección de libros "Para saber máis e máis" da campaña "Lecturas de ida e volta" da Fundación Sánchez Ruipérez.
Trátase dunha selección de 70 libros informativos para os nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo, repartidos en catro lotes:
Onte viaxou xa para o Ceip Reibón de Moaña.
Aquí outras entradas sobre as lecturas de ida e volta.
Trátase dunha selección de 70 libros informativos para os nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo, repartidos en catro lotes:
- Coñece o mundo que TE rodea.
- Resolve as túas dúbidas.
- Sorpréndete cos libros.
- Eu fago, ti experimentas, el manipula.
Onte viaxou xa para o Ceip Reibón de Moaña.
Aquí outras entradas sobre as lecturas de ida e volta.
Queredes saber cales lle gustaron máis aos nenos e nenas de infantil? Mira no blog de
Ano do Libro e a Lectura
A Xunta declarou o ano 2010, Ano do Libro e a Lectura.Hai programadas actividades, exposicións, homenaxes (Torrente Ballester e Luís Seoane), conmemoracións,..
Comeza coa campaña "Libros sobre rodas", na que un autobús percorre as catro provinvias galegas, agasallando os viandantes cun libro.
Máis información en Hora de Ler, da asesoría de bibliotecas escolares de Galicia
Día da Paz
Achégase o 30 de xaneiro, declarado pola ONU no ano 1964 como

Na seguinte páxina imos atopar fichas, debuxos, lecturas e contos sobre a paz:

Por último,na biblioteca do Ceip Mestres Goldar teñen unha magnífica recompilación de recursos na rede:
Día Escolar da Paz e a Non Violencia e aquí temos diferentes recursos para á aula:
Para os nenos e nenas do terceiro ciclo, un xogo. Chámase "Vai estalar a Paz".

Para os de segundo ciclo, un conto:
Para os máis pequenos do cole,o conto "Wangari e as árbores da paz" que nos chega dende a Escola de Vide:
No seminario Galego de Educación para a Paz temos unidades didácticas e recursos variados:
No seminario Galego de Educación para a Paz temos unidades didácticas e recursos variados:
Na seguinte páxina imos atopar fichas, debuxos, lecturas e contos sobre a paz:
Lembrade que a metade dos afectados son nenos.

Por último,na biblioteca do Ceip Mestres Goldar teñen unha magnífica recompilación de recursos na rede:

18/01/10
Cine e literatura
Sherlock Holmes o detective creado por sir Arthur Conan Doyle, que utiliza o método deductivo para resolver os seus casos, está agora de novo de actualidade: Estes días estréase no cine unha nova versión cinematográfica de Sherlock Holmes.
É unha boa ocasión para ler algunha das súas novelas.
Se queredes saber máis, no club de lectura tedes o tráiler desta película, así como información sobre as novidades da biblioteca escolar.
12/01/10
Falece Miep Gies
Lemos hoxe no diario "El País" que faleceu Miep Gies, á idade de 100 anos.
Era a secretaria de Otto Frank, o pai de Anna e colaborou levándolles víveres ao almacén onde permaneceron escondidos durante 25 meses, ata que foron descubertos polos nazis.
Miep Gies atopou os diarios de Anna Frank e gardounos ata que, rematada a guerra, puido devolverllos a Otto Frank, único membro da familia que sobreviviu aos campos de exterminio nazi.
O diario, que Anna recibira de agasallo no seu 13 aniversario, narra a vida durante o tempo que permaneceron escondidos.
Dende a súa publicación, no ano 1947, é un dos libros máis lidos no mundo.

Na biblioteca escolar tedes varios exemplares do diario de Anna.
Se queres ler algúns fragmentos do diario, preme aquí.
11/01/10
Novo ano

Despois das vacacións, estamos de volta de novo.
Estas son as actividades que están en marcha:
- Os axudantes de biblioteca (alumnos e alumnas voluntarios de 3º ciclo) renovan esta semana os seus "contratos" por outros tres meses. No equipo de biblioteca estamos moi satisfeitos do grupo deste curso, pois toman con moita seriedade o seu traballo.
- Continuamos co noso proxecto anual, (a ciencia) que no primeiro trimestre adicamos á astronomía e neste estará dedicado aos inventos.
- Seguimos co baúl de contos "¿Que te cuentas?" da campaña "Lecturas de Ida e Volta" da Fundación Sánchez Ruipérez, pero a finais desta semana cambiarémolos pola colección de libros informativos "Para saber más y más" para o alumnado de segundo e terceiro ciclo.
- Unha vez máis, estamos cambiando a distribución da biblioteca, xa que o aumento de alumnado no cole obríganos a maximizar o espazo para poder traballar na biblioteca.Esperamos que vos guste. Pronto subiremos as fotografías, en canto rematemos.
- O Nadal trouxo un montón de novidades na biblioteca. Estamos fichando moi rápido, para que poidades disfrutalos pronto.
- E, por suposto, seguimos cos itinerarios lectores, os clubs de lectura, a hora de ler, as mochilas viaxeiras,...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas

